En Nai Noivas non cremos que o único importante no día da túa voda sexa o vestido de noiva, senón que os complementos forman parte integrante do resultado final. Na nosa tenda non só queremos vesti-la noiva senón facer que ese día sexa o máis feliz e por iso unha das condicións indispensables é que a noiva vaia radiante.
É neste punto onde os complementos adquiren importancia, xa que unha boa elección nestes pequenos detalles fará que realmente os teus convidados, e por suposto o noivo, se decaten á perfección do resultado final.
Nesta sección podes ver unha fermosa escolma no eido dos tocados de noiva. Os tocados realzan, máis se cabe, o vestido e polo tanto á noiva. Agardamos que este apartado do noso sitio web te axude a face-la elección en canto ós tocados se refire.
|